Mostrando entradas con la etiqueta Safo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Safo. Mostrar todas las entradas

jueves, 30 de abril de 2020

Llueve la noche sobre el día,
todo se agranda y a la vez se marchita.

Cae el ocaso,
el otoño sobre el tiempo.

Vuela el campo,
firme sobre el cielo.

Rompe la arena,
sobre las olas.

Todo es así,
así funciona.

Te giras,
la imaginación no perdona.


Tania Mourelle 

jueves, 14 de agosto de 2014

Mamá non chora, mamá perdeu ese dereito cando gañou ese nome.

Mamá ten forza, seino porque polas noites escoitoa soñar.

Mamá ensinoume a falar mais as veces pídeme que cale con vágoas nos ollos, pero non chora, mamá non chora.

Mamá érguese pero a memoria tápalle o soriso.

Mamá ensinoume, bicoume e soltoume a man, e, cando me vin lonxe de mamá, mirei atrás e chorei, chorei polas dúas e por primeira vez, mamá chorou conmigo.


                                                                    Tania Mourelle

jueves, 10 de julio de 2014

Boteime a correr coa carraxe nas veas,
en busca de aire limpo,
comida polo po e a deixadez.

Querendo alonxarme de ti,
dos teus bicos,
lonxe do amargo sabor dun vougo querer.

Abafei en soidade
fronte ó muro máis empedregado de todos,
a miña alma.


                                 Álvaro Antelo e Tania Mourelle



Gracias a quen persiste en intentar entender Álvaro.

sábado, 28 de junio de 2014

Hoxe a noite pechao todo na súa escuridade,
o horizonte mestura os dous mundos no vacío,
quebra ó lonxe o silencio movido polo vento e,
o corpo acomódase coa humidade nos ósos.

Cos dedos enmarañados e a cegueira da noite,
a conversa axitada das árbores antóxase apetecible,
así entre asubíos inertes engrandécese a pena,
porque o susurrar enoxa ó silencio.

O repiquetear dos dentes anuncia o frío,
a choiva debuxando unha silueta a pasividade,
o pensamento, o único capaz de fuxir,
vese amarrado á rixidez do abrigo de pel.

Hoxe a tinta escorrega por este papel mollado,
e pecha en negrura o significado duns versos,
deixando o canto funerario das árbores,
como única benvida ó amencer que non chega.


                                                Tania Mourelle 





 



 







martes, 8 de enero de 2013

Safo

Boas, despois das vacacións de nadal nas que espero, todos o pasárades moi ben toca poñerse as pilas e nada mellor que con un poema da poetisa a que fai honor dito Blog aquí pois, deixo un poema de Safo que recordamos é a inventora da oda sáfica (tres endecasílabos e un adónico final de cinco sílabas) agardo que vos guste!


Igual parece a los eternos Dioses
quien logra verse frente a ti sentado.
¡Feliz si goza tu palabra suave,
Suave tu risa!


A mí en el pecho el corazón se oprime
Sólo en mirarte; ni la voz acierta
De mi garganta a prorrumpir, y rota
Calla la lengua.


Fuego sutil dentro de mi cuerpo todo
Presto discurre; los inciertos ojos
Vagan sin rumbo; los oídos hacen
Ronco zumbido.


Cúbrome toda de sudor helado;
Pálida quedo cual marchita yerba;
Y ya sin fuerzas, sin aliento, inerte,
Muerta parezco.

domingo, 5 de agosto de 2012

Boas! aquí vos deixo un poema dende a voz dos máis novos e descoñecidos, agardo que vos guste porque a min persoalmente encantoume.

mirando a vida pasar
vaise cada vez mais lonxe
borrase dos meus recordos.

cando baixe cara o inferno
serei provocado por ela
pero xa non poderei volver,
o demo non me deixará.

escaparei deses pantanos
que albergan auga de lume,
e cando chege ao ceo
preguntareille a san pedro
polo anxo qe marchou da miña vida
sen darme un terceiro bico de despedida.


                                            Javier Villajos

domingo, 8 de abril de 2012

Boas!

Moi boas a todos e benvidos a Aprendices de Safo!
Este blog esta orientado a poesía, sobretodo a poesía en galego.
O  nome deste blog débese a Safo, unha célebre poetisa grega.
Safo naceu en Mitelene, asentada na illa de Lesbos, os seus versos e o seu exemplo incitaron as máis novas a disputar os homes a palma do seu talento. Entre os seus admiradores estaban poetas como: Archioloco, Hiponax e Alceo.
O seu nome ambeleceu a sua patria e o seu siglo e pode presentarse a Safo como a personificación daquela época de emocións tenras e de dulce poesía.
Ela inventou o plectro, unha especie de púa para ferir as cordas da lira, ela inventou o verso que leva o seu nome sáfico. Ela deu orixe cos seus versos a que se considera nas nosas emocions a pasión esaxerada do amor, e a par que daba ideasos médicos, presentaba modelos de bo gusto os poetas. Non en vano foi nomeada a décima musa.


Así que xa sabedes a todos aqueles que vos guste a poesía este e o voso blog, nos vindeiros días iranse publicando poemas tanto de vellas celebridades como das máis novas, famosos ou descoñecidos, así que se queredes que se vos publique algún poema xa sabedes animadevos!