jueves, 30 de abril de 2020

Se lle soltas a man,
que sexa con furia,
con rabia,
con deixadez.

Rompe a cadea e carga co peso,
que resoe cada vez que pechas os ollos.

Deixaa voar,
sen atreverte a preguntar,
en donde é que se vai pousar.

Alónxate da súa mirada,
fala por enriba dos seus pensamentos.

Baixate cando te busque,
deixa o vacío do teu corpo,
ata agora inerte.

Se lle soltas a man,
deixa ir con ela
todo o que un día foi teu.

Tania Mourelle 

No hay comentarios:

Publicar un comentario