domingo, 7 de octubre de 2012


Busco verdade,
porque aínda que ma queiran negar non poderán,
non saben o que é.

Busco liberdade para ser única,
exactamente coma todos os demáis.

Busco mentira porque a única verdade
e que nada é verdade máis aló do que queremos oír.

Busco sentido, sentido a cada palabra
sen entender moi ben a frase.

Busco sentimentos,
sentimentos que me ensinen a ver
o que antes non tiña cor.

Eu tamén sei o que buscades porque,
en verdade,
simplemente buscamos algo que buscar.

                                            Tania Mourelle