lunes, 18 de agosto de 2014

Temor á soidade, temor temido polos temerosos
ansiades refuxio nunha cárcere de negrura
e veredes a luz co reflexo da última hora.

A vinganza dos vingadores, duro castigo en batalla
buscades liberdade na espada que debastou cidades
e teredes a alma podre ata o último alento.

O consello dos sabedores que saberán onde buscar,
atoparedes o que queredes oír na mente fráxil
e veredes a saída fora do camiño.

A esperanza xogada na última oportunidade,
xogaredes cas cinzas entre as mans
e caeredes nas redes da furia que leva o vento. 

                                       
                                                              Tania Mourelle 



jueves, 14 de agosto de 2014

Mamá non chora, mamá perdeu ese dereito cando gañou ese nome.

Mamá ten forza, seino porque polas noites escoitoa soñar.

Mamá ensinoume a falar mais as veces pídeme que cale con vágoas nos ollos, pero non chora, mamá non chora.

Mamá érguese pero a memoria tápalle o soriso.

Mamá ensinoume, bicoume e soltoume a man, e, cando me vin lonxe de mamá, mirei atrás e chorei, chorei polas dúas e por primeira vez, mamá chorou conmigo.


                                                                    Tania Mourelle