jueves, 14 de agosto de 2014

Mamá non chora, mamá perdeu ese dereito cando gañou ese nome.

Mamá ten forza, seino porque polas noites escoitoa soñar.

Mamá ensinoume a falar mais as veces pídeme que cale con vágoas nos ollos, pero non chora, mamá non chora.

Mamá érguese pero a memoria tápalle o soriso.

Mamá ensinoume, bicoume e soltoume a man, e, cando me vin lonxe de mamá, mirei atrás e chorei, chorei polas dúas e por primeira vez, mamá chorou conmigo.


                                                                    Tania Mourelle

No hay comentarios:

Publicar un comentario