domingo, 25 de mayo de 2014

Comezar polo final, un recente principio, un grave erro.

O silencio en crescendo tras un perdón en binario.

As palabras evaporadas que non conservan son.

Os versos amargos que xa non din nada.

Os sentimentos perdidos .

Os soños.

Nada.

                                                                        Tania Mourelle

domingo, 11 de mayo de 2014

Fría, aquel día a suor medraba dende o máis profundo e esvaraba fría polas costas,
o pensamento tornaba a tempos pasados desexoso de mudar o final dunha frase mal formulada,
 ansioso de poder coller aire para contar os pasos dados que agora repiqueteaban nun curruncho do ser que se presentaba novidoso.

Aquel día retornou a nostalxia duns brazos maternos,
 ata o ollar distante despois dunha reprimenda se antoxaba agradable o recordo.

Eran bos tempos, pensou como punto  final desa improvisada función, agora só o esforzo que camiñaba con certo aire de azar podería seguir escribindo uns mellores. 

Semellando unha forza un tanto superficial coma o resto de transeúntes perdidos baixo un horario desapretou os puños fregando levemente as marcas das unllas nunha pel con moito que contar e desexando unha maior sorte que a de Ícaro perdeuse na brétema que envolvía aquela noite de outono.

"Boa sorte",
a sorte non éxiste pensou volvendo en si...


                                                                                                     Tania Mourelle