sábado, 21 de abril de 2012


Cando se cruza a liña
o amor convértese en morte,
as ilusións sangran a alma
e as bágoas escorregan sen destino fixo.

Compreder a diferenza entre amor e obsesión doe
porque debaixo da auga costa abrir os ollos.

O triste non é oír a diferenza,
e pensar que deverdade existe
e podrecer na oscuridade.

Cando o desexo é o inimigo
unhas mans valeiras
deixan tras de si,
un carreiro de pó e cinzas.

                                 Tania Mourelle
Novo poema de Álvaro Antelo!

Somos o veleno,somos o antídoto,
para un mundo que esta perdido.
somos un quero,somos un podo.
somos o penso,somos o existo.
somos as ovellas,somos o lobo.
somos unha morte,somos unha vida.
somos a loita do día a día.
somos listos,somos tontos,
somos egoistas e orgullosos,
soamente miramos polo noso.
non sabemos qen somos,nin a donde imos,
pero nós qeixamonos.
somos os bens,somos os males.
somos moitas mentiras,poucas verdades.
ambas son inseparables,ambas son inevitables.
Somos anxos,somos demos,
Somos mortais,todos morremos.
somos valentos,pero todos temos medos.
somos soños,somos pesadelos,
pretendemos sacar a luz do mundo,
sin tan sequera saber como facermos.
somos promesas,somos ilusións
que naufragan nun vaso de decepcións.
somos unha raza,que de si mesa se alimenta,
todos sen darnos conta,acabaremos co planeta.
chegados a este punto,aqui se despise este poeta.


                                                             Álvaro Antelo

jueves, 19 de abril de 2012

Sumamos máis!


Aquí vos deixo este pequeno texto, espero que o leades e pensedes nel porque dende logo da que pensar.
Recordade tamén que non toda a poesía se escrbe en verso.
Este poema foi escrito por unha compañeira e espero que vos guste.

As veces pasan cousas que non sabemos porque pasan ou porque o fan nese momento que as veces resulta inesperado, son cousas que non ves vir e que ao principio non se comprenden e tardase un tempo e darse conta do que pasa, enamorarse é o exemplo máis claro, un enamorase sen ter previamente previsto enamorarse, é algo espontáneo e diferente. Enamorarse cambia a unha persoa e normalmente a outra máis pero non sempre é así. Enamorarse significa deixar a un lado os defectos e centrarse só nas virtudes. Enamorarse é algo que só os valentes coñecen, porque primeiro de todo, hai que ter as cousas claras cando se fala de amor, amor non é algo co que se xoga. O amor e o namorado teñen que ser un mesmo para entenderse e para comprenderse e eso ás veces tarda en pasar pero cando pasa podes ver e sentir cousas que antes nunca sentirías e moito menos entenderías.


                                                                                                                  Iria Cousillas 

lunes, 16 de abril de 2012

Galego, cada día un chisco máis lonxe!


Aquí vos deixo un vídeo que me chamou moito a atención, estudantes alemáns traducindo poesía ao galego.
Esta iniciativa para o meu gusto é moi bonita e gustaríame que pensarades e reflexionárades en como a xente de fora ve a nosa fala porque é un pouco triste que nós non nos deamos conta e nolo teñan que dicir os de fora porque como din neste vídeo, a fala galega está a altura no plano estético de calquera literatura europea defeito a fala alega tamén chegou a lugares coma Oxford, e se alí e en alemaña e en moitos máis países chega a nosa fala e non soamente iso se non que é apreciada por qué siguen existindo tales prexuizos?
Elaborar unha opinión propia e algo moi importante nunca o esquezades.





E xa para rematar aquí vos deixo outro video relacionado co xa dito anteriormente dónde estes estudantes alemáns nos dan a sua opinión da lingua galega e de Galiza.


domingo, 15 de abril de 2012

E aquí vai un poema novo dunha cara descoñecida, outro compañeiro máis que se suma o noso blog de poesía nun poema de amor espero que vos guste :-)


Eres máis fermosa ca máis bela rosa,
os teus ollos brillan coma os raios do sol.
Os teus beizos son tan doces que,
se quedan curtos todos os doces do mundo
e o teu sorriso...
É o sorriso máis fermoso do mundo.
           

                                                 Cristian Rodríguez Benzema

sábado, 14 de abril de 2012

E xa somos máis!


Xa somos máis os que nos sumamos a escribir poesía, bueno a publicar o que escribimos mellor dito ;-) Desta vez foi un compañeiro o que nos escribiu este fermoso poema de desamor, espero que vos guste a min gustoume moito, non esquezades que non fai falta ser un xenio para escribir poesía soamente deixarse levar.


Agora que...
Se esfumou o amor,
Agora que se afogaron os bicos,
Agora qe se perdiu a paixón,
Agora qe se disolveron os desexos..
Para que seguir loitando,
cando xa damos todo por perdido?
Agora qe o uniko qe nos qeda,
é un amor aparcado en dobre fila no olvido.
  
                                         Álvaro Antelo

miércoles, 11 de abril de 2012

Himno Galego!


Os Pinos
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.


Soavos este poema va que sí?
O Himno Galego é un poema escrito por Eduardo Pondal o Himno e o símbolo acústico máis solemne e transcendental de Galiza como comunidade política. Reflexa o ambiente social e cultural de Galiza coma un dos seus máis importantes testimonios . Tivo que vivír moitas cousas, dende a prohibicion absoluta en tempos de restricción espiritual e expresiva hasta a permisividade total sen obstáculos nin censura pasando por situacións intermedias, moitas veces ambiguas nas que se toleraba a sua practica pero considerado como unha cantiga máis do rico folklore galego.
A bandeira e o escudo estan involucraados co expírito creativo da Galiza inmigrante e como non este himno e feito na Habana. A bandeira ou o escudo son os únicos símbolos que non se viron criticados polo que despertan a adhesión de todos nacionalistas e rexionalistas e de persoas que non se distiguen por un excesivo celo centralista





E xa somos máis os que cada día nos sumamos a escribir poesía! Neste caso un fermoso acróstico escrito por unha das nosas compañeiras. Dende logo a min encantoume, a ver que vos parece a vos.

Cada día que pasa
Onde estou, e onde vou
Ninguén me quita unha ilusión,
Facerte feliz
Invitarte a entrar no meu corazón
Amarte, sempre e para sempre, e poder
Revolotear polo teu interior.

                        Meri Borrajo



Dende logo un precioso acróstico que nos mostra o que é a confianza que se sinte por esa persoa querida.


martes, 10 de abril de 2012

Boas! Hoxe vouvos deixar aquí novos poemas pero desta vez algo distintos porque a poesía non soamente se escribe, así que aquí vos deixo estes poemas de Martín Codax (siglos XIII e principios do XIV). Apenas existen datos sobre a identidade do personaxe, pénsase que habitaba en Vigo polas continuas referencias a cidade.
O corpus literario o atribuido limítase a 7 cantigas de amigos que figuran nos cancioneiros da lírica galaicoportuguesa e no pergamiño Vindel no que figura o seu  nome como autor das composicións.

Ondas do mar de Vigo




Quantas sabedes amar amigo

















Lamentablemente non puiden atopar quen o musicou, é unha pena porque a voz e preciosa.

lunes, 9 de abril de 2012

E aquí vos deixo un poema que eu mesma escribín, espero que vos guste e sobre todo que vos tamén vos animedes a publicar os vosos ;-)

¿Que é o medo?

Hai quen teme
a voz quqe habita na sua alma
por medo do medo a escoitar.

Outros temen a deus.

Os máis simples
temen a complexa opinión dos demais.

Entendo os que temen o descoñecido,
a aquelo que esta por vir
pero que non sabemos nin cando, nin dónde nin por qué.

Non entendo os que temen a oscuridade pois,
a luz deixa ver cousas horribles.

E aínda que eu tamén temo a morte
o meu maior medo
e a soidade que, paradoxicamente
algunha vez tanto precisei.

                                                   
                                          Tania Mourelle

domingo, 8 de abril de 2012

Rosalía de Castro de Murguía

 Nada en Santiao de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en padrón o 15 de xullo de 1885.
Rosalía é unha das máis grandes escritoras da lingua galega, mais tamén publicou algunhas das suas obras en castelán, Rosalía escribiu tanto en prosa coma en verso o seu primeiro e grande libro foi cantares gallegos e aquí vos deixo un poema publicado neste libro a ver que vos parece.


Abajo
-Meniña, ti a máis hermosa
que a luz do sol alumbrara;
ti a estrela da mañanciña
que en puras tintas se baña;
ti a frol das froridas cumbres,
ti a ninfa das frescas auguas,
ti como folla do lirio
branca, pura e contristada.
¿Quen eres, fada sin nome
de tan dormentes miradas,
de tan dorida sonrisa,
de feituriña tan cándida?
¿Quisais de muller naceches
sendo tan limpa e tan casta?
¿Quisais das brisas da tarde,
quisais das brétemas vagas...
das burbulliñas dun río,
quisais dunha nube branca?
¿Ou as espumas do mare
a un raio de sol xuntadas
pousáronte ó ser da aurora
nunha cunchiña de nacra?
Mais de onde queira que seas,
tristísima pasionaria,
por ti sinto un amor puro
que pouco a pouco me mata.
Por ti, de noite e de día,
cal vaga sombra encantada,
preto do ten vivir ximo,
ximo cos ventos que pasan
facendo vibrar sonoras
sentidas cordas dun arpa,
que con ecos tembradores
dos meus amores che falan.
Mais dime: ¿por que estás muda?,
di por que estás solitaria,
di por que vives nos montes
cos paxariños que cantan,
mentras ti choras e choras
ó pé dun olmo sentada,
toda de loito cuberta,
toda cuberta de lágrimas.
   -Déixame vivir nos montes,
déixame estar solitaria,
déixame cos paxariños
que en derredor de min cantan.
Déixame vestir de loito,
cuberta por tristes bágoas,
i eco de homes non escoite
nin son de armoniosas arpas,
que eses sons de amor á vida
rompen as miñas entrañas.
¡Si deles, galán, por sorte
doce consolo arrancaras
para un dor que non ten cura,
para un mal que non se acaba!
¡Si ó seu vibrar sonoroso
as tombas se levantaran
i o polvo que nelas mora
volto a vivir se axitara!...
Mais, cala, galán...; non toques
as soaves cordas dun arpa
que nin dá vida ós que morren,
ni as tristes tombas levanta.
Cala, galán, cos cantares
que con pasión de amor cantas,
que os meus amores morreron
i aló antre tombas me agardan.
Para min morreu a dicha,
morreu tamén a esperanza,
cubreuse o seu de tristura
i a terra de ásperas Prantas.
Déixame vivir nos montes,
déixame estar solitaria,
déixame vestir de loito,
cuberta de amargas lágrimas.
Que a rula que viudou,
xurou de non ser casada,
nin pousar en ramo verde
nin beber da iaugua crara.



Tal é a aceptación e o interese que as obras desta escritora espertan no mundo, que nas derradeiras décadas os seus poemas foron traducidos a linguas como o francés o alemán o ruso e o xaponés.

Boas!

Moi boas a todos e benvidos a Aprendices de Safo!
Este blog esta orientado a poesía, sobretodo a poesía en galego.
O  nome deste blog débese a Safo, unha célebre poetisa grega.
Safo naceu en Mitelene, asentada na illa de Lesbos, os seus versos e o seu exemplo incitaron as máis novas a disputar os homes a palma do seu talento. Entre os seus admiradores estaban poetas como: Archioloco, Hiponax e Alceo.
O seu nome ambeleceu a sua patria e o seu siglo e pode presentarse a Safo como a personificación daquela época de emocións tenras e de dulce poesía.
Ela inventou o plectro, unha especie de púa para ferir as cordas da lira, ela inventou o verso que leva o seu nome sáfico. Ela deu orixe cos seus versos a que se considera nas nosas emocions a pasión esaxerada do amor, e a par que daba ideasos médicos, presentaba modelos de bo gusto os poetas. Non en vano foi nomeada a décima musa.


Así que xa sabedes a todos aqueles que vos guste a poesía este e o voso blog, nos vindeiros días iranse publicando poemas tanto de vellas celebridades como das máis novas, famosos ou descoñecidos, así que se queredes que se vos publique algún poema xa sabedes animadevos!