|
-Meniña, ti a máis hermosa
|
| que a luz do sol alumbrara; | |
| ti a estrela da mañanciña | |
| que en puras tintas se baña; | |
| ti a frol das froridas cumbres, | |
| ti a ninfa das frescas auguas, | |
| ti como folla do lirio | |
| branca, pura e contristada. | |
| ¿Quen eres, fada sin nome | |
| de tan dormentes miradas, | |
| de tan dorida sonrisa, | |
| de feituriña tan cándida? | |
| ¿Quisais de muller naceches | |
| sendo tan limpa e tan casta? | |
| ¿Quisais das brisas da tarde, | |
| quisais das brétemas vagas... | |
| das burbulliñas dun río, | |
| quisais dunha nube branca? | |
| ¿Ou as espumas do mare | |
| a un raio de sol xuntadas | |
| pousáronte ó ser da aurora | |
| nunha cunchiña de nacra? | |
| Mais de onde queira que seas, | |
| tristísima pasionaria, | |
| por ti sinto un amor puro | |
| que pouco a pouco me mata. | |
| Por ti, de noite e de día, | |
| cal vaga sombra encantada, | |
| preto do ten vivir ximo, | |
| ximo cos ventos que pasan | |
| facendo vibrar sonoras | |
| sentidas cordas dun arpa, | |
| que con ecos tembradores | |
| dos meus amores che falan. | |
| Mais dime: ¿por que estás muda?, | |
| di por que estás solitaria, | |
| di por que vives nos montes | |
| cos paxariños que cantan, | |
| mentras ti choras e choras | |
| ó pé dun olmo sentada, | |
| toda de loito cuberta, | |
| toda cuberta de lágrimas. | |
| | |
| -Déixame vivir nos montes, | |
| déixame estar solitaria, | |
| déixame cos paxariños | |
| que en derredor de min cantan. | |
| Déixame vestir de loito, | |
| cuberta por tristes bágoas, | |
| i eco de homes non escoite | |
| nin son de armoniosas arpas, | |
| que eses sons de amor á vida | |
| rompen as miñas entrañas. | |
| ¡Si deles, galán, por sorte | |
| doce consolo arrancaras | |
| para un dor que non ten cura, | |
| para un mal que non se acaba! | |
| ¡Si ó seu vibrar sonoroso | |
| as tombas se levantaran | |
| i o polvo que nelas mora | |
| volto a vivir se axitara!... | |
| Mais, cala, galán...; non toques | |
| as soaves cordas dun arpa | |
| que nin dá vida ós que morren, | |
| ni as tristes tombas levanta. | |
| Cala, galán, cos cantares | |
| que con pasión de amor cantas, | |
| que os meus amores morreron | |
| i aló antre tombas me agardan. | |
| Para min morreu a dicha, | |
| morreu tamén a esperanza, | |
| cubreuse o seu de tristura | |
| i a terra de ásperas Prantas. | |
| Déixame vivir nos montes, | |
| déixame estar solitaria, | |
| déixame vestir de loito, | |
| cuberta de amargas lágrimas. | |
| Que a rula que viudou, | |
| xurou de non ser casada, | |
| nin pousar en ramo verde | |
| nin beber da iaugua crara.
Tal é a aceptación e o interese que as obras desta escritora espertan no mundo, que nas derradeiras décadas os seus poemas foron traducidos a linguas como o francés o alemán o ruso e o xaponés. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario