Sumamos máis!
Aquí vos deixo este pequeno texto, espero que o leades e pensedes nel porque dende logo da que pensar.
Recordade tamén que non toda a poesía se escrbe en verso.
Este poema foi escrito por unha compañeira e espero que vos guste.
As veces pasan cousas que non sabemos porque pasan ou porque o fan nese momento que as veces resulta inesperado, son cousas que non ves vir e que ao principio non se comprenden e tardase un tempo e darse conta do que pasa, enamorarse é o exemplo máis claro, un enamorase sen ter previamente previsto enamorarse, é algo espontáneo e diferente. Enamorarse cambia a unha persoa e normalmente a outra máis pero non sempre é así. Enamorarse significa deixar a un lado os defectos e centrarse só nas virtudes. Enamorarse é algo que só os valentes coñecen, porque primeiro de todo, hai que ter as cousas claras cando se fala de amor, amor non é algo co que se xoga. O amor e o namorado teñen que ser un mesmo para entenderse e para comprenderse e eso ás veces tarda en pasar pero cando pasa podes ver e sentir cousas que antes nunca sentirías e moito menos entenderías.
Iria Cousillas
No hay comentarios:
Publicar un comentario