jueves, 9 de agosto de 2012



Quizáis o amor non sexa máis ca unha ilusión.

Tal vez, só sexa o que mantén a nosa mente
distraída das vergoñas do mundo.

Quen nos di que existe realmente
e que non é medo a soidade?

Quen nos asegura que sexa suficientemente forte
 forte para arrastrar dous corpos?

E bo tocar o ceo sabendo que,
lle debe a súa existencia a presenza do inferno?

Tal vez... só tal vez, fuxir do mundo por uns segundos
mereza o nome de amor.

E se o conseguimos,
se lle atopamos significado a catro letras inertes,
toquemos o ceo ata podrecer no inferno!

                                           Tania Mourelle





domingo, 5 de agosto de 2012

Un latexo,
unha corrente de éxtase polas veas.

Un bico,
un anaco da miña alma que pinta os teus beizos de vermello paixón.

Un agarimo,
un segundo que se conxela para converterterse en eterno.

Un suspiro,
volver a nacer.

Unha promesa que marca o punto de encontro alí onde pechemos os ollos.

                                                             

                                                             Tania Mourelle
Boas! aquí vos deixo un poema dende a voz dos máis novos e descoñecidos, agardo que vos guste porque a min persoalmente encantoume.

mirando a vida pasar
vaise cada vez mais lonxe
borrase dos meus recordos.

cando baixe cara o inferno
serei provocado por ela
pero xa non poderei volver,
o demo non me deixará.

escaparei deses pantanos
que albergan auga de lume,
e cando chege ao ceo
preguntareille a san pedro
polo anxo qe marchou da miña vida
sen darme un terceiro bico de despedida.


                                            Javier Villajos