domingo, 10 de junio de 2012

Sen dúbida un bo libro de poesía a recomendar sempre será Makinaria de Carlos Negro, un libro que os alumnos de 4º da ESO acollemos con moito gusto nesta terceira e úlima avaliación.
A nosa opinión sobre o mesmo é a mesma, un libro diferente que nos achega a unha realidade moi próxima, é un libro moi duro e tamén con unha estructura diferente onde os protagonistas non son as persoas con experiencia senon o polo oposto, os adolescentes sen ningunha experiencia, que se deixan levar pola vida.



Aquí vos deixo un poema publicado neste libro para que vos fagades unha idea da súa temática agardo que vos guste, asegúrovos que é unha lectura rápida con un poemario que vos vai emocionar pola súa sinceridade e dureza.


Thunder Road

Deixa

que os motores

ruxan salvaxes

imos xuntos

queimar

a madrugada

esnifar

unhas cantas raias

da estrada

a tope

cos malotes de sempre

a arrasar

nena

a arrasar

que o día de maña

din que nunca existiu

e ti tes uns ollos azuis

e flipantes

e eu un burato de medo

no medio da chapa do peito

que se cadra ti

esta noite

es quen de encher

agora

corpo a corpo

antes de que oxiden

as horas e a vida

sexa

fume de tubo de escape

unha derrapaxe

en falso

na seguinte curva.

martes, 5 de junio de 2012



Porque ali donde fun estaba o teu nome
debuxado nos sorisos dos máis cativos.

Foches un sopro de aire frío
cando me abafaban os pensamentos dos demais.

Mais quizáis debin mirar cos dous ollos
e non só co dereito.

Agora que só hai vacio no lugar
que ocupaban as tuas curvas.

Agradezo a lección que me ensinaches
inda sabendo que me abandoara ela tamén
cando volvas aparecer novamente.

                                              Tania Mourelle

sábado, 2 de junio de 2012

Como xa sabedes este ano o día das letras galegas foi dedicado a Valentín Paz Andrade.
Valentín foi un home polifacético, o lono da súa vida foi avogado, escritor, político activo, economista e investigador literario. Foi fillo de Francisco Paz e Matilde Andrade que tiveron tres fillas máis Matilde, Carmen e Castora (a que por desgraza faleceu moi nova).
Hoxe deixovos aquí un video da propia neta de Valentín recitando un poema do mesmo agardo que vos guste.



Nacer, vivir, morrer...
todo gran camiño
e demasiado curto.

A fama eo todo,
se ninguén o viu
simplemente non pasou.

E se pasou
ata o tempo o empurra o olvido
a non ser que
o acordo se asine con sangue.

Cada cor...
Cada olor...
Cada imaxe...

Todo é máis complicado
do que semella.

O amor fai que,
nacer vivir e morrer
sexa máis difícil.

Pero parece que só cando
algo é difícil cobra sentido.

Intentar comprender
o sentido da vida é de tolos cando,
non sabemos quen somos.

É difícil ser alguén cando
todos queren que sexas un máis.

Só quero verdade inda sabendo
que non estou lista para escoitala.

Pero ansío un motivo polo que
seguir de pé valla a pena.

Non me importa loitar nestes días.
Non hai causas perdidas,
hai xente que abandoa .

Intento comprender
o que me rodea
día a día.

E soamente atopo
vergoña e impotencia,
vergoña de berrar a palabra xustiza
e impotencia de non saber o que é a liberdade.

Pésanme máis as vágoas nos ollos
ca as cadeas nas mans.

É cobarde o que foxe
cada vez que pecha os ollos
ou é intelixente?

Sinto que os anos lonxe de
resolverme as dúbidas
me encheran de máis.

Pero que así sexa mentres
non se apague a miña voz
nova e forte
nun mundo de silencio!

                                Tania Mourelle