jueves, 9 de agosto de 2012
Quizáis o amor non sexa máis ca unha ilusión.
Tal vez, só sexa o que mantén a nosa mente
distraída das vergoñas do mundo.
Quen nos di que existe realmente
e que non é medo a soidade?
Quen nos asegura que sexa suficientemente forte
forte para arrastrar dous corpos?
E bo tocar o ceo sabendo que,
lle debe a súa existencia a presenza do inferno?
Tal vez... só tal vez, fuxir do mundo por uns segundos
mereza o nome de amor.
E se o conseguimos,
se lle atopamos significado a catro letras inertes,
toquemos o ceo ata podrecer no inferno!
Tania Mourelle
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Agardámoste agora que as vacacións van comezar a ser unha lembranza en clave de pasado, Tania.
ResponderEliminarE aquí estarei Mercedes :)
EliminarSeguiremos a lerte!
ResponderEliminar