jueves, 9 de agosto de 2012



Quizáis o amor non sexa máis ca unha ilusión.

Tal vez, só sexa o que mantén a nosa mente
distraída das vergoñas do mundo.

Quen nos di que existe realmente
e que non é medo a soidade?

Quen nos asegura que sexa suficientemente forte
 forte para arrastrar dous corpos?

E bo tocar o ceo sabendo que,
lle debe a súa existencia a presenza do inferno?

Tal vez... só tal vez, fuxir do mundo por uns segundos
mereza o nome de amor.

E se o conseguimos,
se lle atopamos significado a catro letras inertes,
toquemos o ceo ata podrecer no inferno!

                                           Tania Mourelle





3 comentarios:

  1. Agardámoste agora que as vacacións van comezar a ser unha lembranza en clave de pasado, Tania.

    ResponderEliminar
  2. Seguiremos a lerte!

    ResponderEliminar