sábado, 28 de junio de 2014

Hoxe a noite pechao todo na súa escuridade,
o horizonte mestura os dous mundos no vacío,
quebra ó lonxe o silencio movido polo vento e,
o corpo acomódase coa humidade nos ósos.

Cos dedos enmarañados e a cegueira da noite,
a conversa axitada das árbores antóxase apetecible,
así entre asubíos inertes engrandécese a pena,
porque o susurrar enoxa ó silencio.

O repiquetear dos dentes anuncia o frío,
a choiva debuxando unha silueta a pasividade,
o pensamento, o único capaz de fuxir,
vese amarrado á rixidez do abrigo de pel.

Hoxe a tinta escorrega por este papel mollado,
e pecha en negrura o significado duns versos,
deixando o canto funerario das árbores,
como única benvida ó amencer que non chega.


                                                Tania Mourelle 





 



 







No hay comentarios:

Publicar un comentario