Alén dos soños e as ilusións imposnse a realidade atopada por uns ollos ansiosos de novidade e coma se dun feitizo se tratase canta menos novidade ansían os ollos máis morren os soños e as ilusións.
Cando a guerreira colga a espada e por accidente os pes se pousan sobre o chan somos sabedores de que esta, a nosa paisaxe, aquí e agora, é a única realidade.
Curiosa e inexplicablemente o feito de entendelo lévanos a pensar que de poder elixir algún momento rescataríamos as nosas memorias do silencio sendo invadidos pola calidez que nos ocasiona a idea de non conformarnos co efémero presente.
E é nese pequeno momento cando nos sacode un leve pensamento. É a diferenza que cada un leva dentro, que cada un entende a súa maneira.
Tania Mourelle
No hay comentarios:
Publicar un comentario