martes, 8 de abril de 2014

Sentirse viva probando o veleno, doce elixir de mel que renace en min novamente.
O punto de retorno móvil o que sinto nunca chego, e mentres o espero angustiada sabedora da data de caducidade que se debuxa no meu hipotálamo corrente tras corrente un pensamento absurdo debuxa a despreocupación no meu rostro.

Volverá, volverá novamente empuxándome a buscar de novo un recordo perigoso.
Tan forte... capaz de abandonar toda unha vida de pensamentos pola maior impulsividade que de algunha forma estaba á espera.

Un abrazo de xeo que queima e arde en min, arde tanto na gorxa que as palabras se evaporan nas cordas vocais, esténdese tan rápido que corresponde á emoción máis forte e queima tan dentro...

Dereita o vacío sen poder desandar o andado, gardando resistencia nun recuncho afastado da mente que se corroe lenta pero eficazmente polo veleno prohibido.

O baile sen fin que nos desgasta precipitadamente ata que a música deixe de soar...

                                                                                                          Tania Mourelle

No hay comentarios:

Publicar un comentario