Fagamos memoria no que somos, no que un día fomos e xa non seremos, no que quixemos ser e detestamos, no que detestamos mais tivemos tentación de ser.
Coa máis pura das inocencias e coa mellor intención onde cavamos o foxo desta alma ennegrecida e hoxe corrompida pola supervivencia a quen usamos de excusa para purgar as nosas mentes.
Peóns no taboleiro defendendo o noso rey e cantas veces o perdemos polo camiño, nostalxia do que se vai sen que aumente a devoción polo que permanece.
Historias rotas, tristes danzas do tempo como medalla de condecoración dun uniforme listo para lucir na mellor festa de disfraces.
E así, no silencio que cada latexo nos permite de descanso, nesa breve pero intensa pausa o perdón grávase lentamente a lume na alma do que vive rodeado de descoñecidos.
Tania Mourelle
No hay comentarios:
Publicar un comentario