domingo, 20 de abril de 2014

Imposible saber con certeza por qué un recordo inexistente pesa tanto que ata doe, tal vez sexa o feito de sentirte máis en cada nudo de gorxa que na túa propia historia, quizais se deba a túa sombra presente na retina dos que un día te quixeron, poida que ata te sigan querendo e por iso a pesar de afogar o recordo aínda se perciba a escuridade que o envolve.

Escuridade muda, cansada xa de berrar, escuridade que omellor xa coñeceches de ante man, esa mesma que queda cando ves pecharse a última porta, imposible de entender, omellor por iso doe. Deberan ser quince bos motivos mais tiveron que grabar nas súas mentes o abandono dunha loita, a pasividade e resignación coa que se acepta un destino con un camiño a medio facer.
Resignación contaxiosa para os que te pensan, para os que xa non levan rabia e volven a venerar o azar e a mencionar o destino, víctimas do tempo que non obstante poida que nunca atopen descanso, tal vez por iso a resignación é a mellor opción.

Imposible saber ata que punto todos os corazóns se resignan limitándose o recordo, difícil de entender o que para eles representas mais de algún modo estás, vives en cada recordo que conservan, en cada obxeto que gardan, en cada vágoa segreda que tal vez bordee a túa silueta cando non sinten ollos que os miren, que os xulguen tal vez por un comportamento xa irremediable, de algunha maneira vives nestes versos de recordos inexistentes.

Recordos que non me permiten verte fora dese marco que sinalan cando din que nos parecemos, non obstante si me permiten sentir, notar o valeiro que deixa a túa historia o peito de quen a conta coa forza que quizais desexou poder darche mais que non quixeches, omellor por iso se pode percibir como a voz torna en impotente para o que te viu medrar, para o que viu como o vermello baile do sangue o pasar polas tuas meixelas se iba tornando en marfil.

Imposible saber con certeza a carga dos teus últimos pensamentos, imposible imaxinarse a peor resignación en primeiro plano, por iso omellor fuches máis forte do que todos queiran ver, aínda que non o poidan entender porque de algunha maneira para eles o seu camiño tamén queda a medio facer. 


                                                                                                   Tania Mourelle 

No hay comentarios:

Publicar un comentario