domingo, 27 de abril de 2014

 Descendeu a palma da man,
 paseniñamente,
 sobre o seu lombo que xacía,
 apaciblemente,
 naquel recuncho onde xacen os pensamentos libres,
 que atopan paz,
 dende o nacemento do cabelo,
 longo e forte
 ata a curva onde comezaba a súa cintura,
 inqueda.

 Pasando pola pequena marca do costado esquerdo,
 debuxando círculos pequeniños,
 coma o seu embigo perfecto
 que semellaba un espazo valeiro,
 onde encaixaban á perfección os seus beizos
 recollidos nun breve amosar de tenrrura.

 A súa pel branquiña e suave,
 pura,
 envolvía os seus dedos,
 grosos
 cunha calor instantánea,
 coma a dun chisqueiro.

 Tan embriagadora,
 unha mestura de aromas,
 de texturas, no breve segundo que,
 a súa man se pousaba sobre o peito esquerdo e descendía,
 docemente,
 percorendo a súa silueta. 

                                                         Tania Mourelle

No hay comentarios:

Publicar un comentario