martes, 1 de abril de 2014

O máis duro é o que non se escribe,
do que ninguén fala...

O máis duro é aquilo que todos saben
pero ninguén di.

É silencio...

Silencio que se escoita cando respiramos o aire
desta sala infesta.

Cada vez que vemos o noxo reflexado
nalgún vocábulo inoportuno.

É cando o sol que seca o asfalto xa non ule a verán,
cheira a recordos.

É silencio que berra co último alento
do que foi obrigado a poñerse de xeonllos.

É  silencio duro, o máis duro dos silencios...

O máis duro é velo, é apalpalo,
ver que a calor se apaga...
que a luz torna fría...

O máis duro non se pode escribir,
do silencio ninguén fala.

O máis duro é ver como a vida se apaga,
pero máis duro aínda e ver como se consome, como se consome en silencio...


                                                                                            Tania Mourelle 

6 comentarios: