lunes, 24 de marzo de 2014
De cativa poñíase de puntas porque o marco da ventá impedíalle ver os paxariños xogar fora cos primeiros raios de sol, canto o detestaba...
Agora que os ve de cotío con só pasar por diante está moi ocupada para pousar a súa vista neles. Agora aspira a ver máis aló pero o marco séguelle molestando, canto o detesta...
Sei que espera medrar máis aló del, e nesa pequena franxa que o destino caprichoso non puido tapar verá o ronsel que deixaron as súas pegadas e amosará o seu soriso. Un soriso libre que atopou o que buscaba.
Brillarán entón os seus ollos apagados pola sal, brillarán cunha cor tan azul coma aquela do ceo, coma aquela do ceo que de cativa non podía ver pola ventá.
Tania Mourelle
A unha personiña moi especial que disfruta véndome facer aquelo que poucos entenden, a ela, para ela.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Non dudo para nada que no futuro serás unha das miñas autoras favoritas, cada día creces máis e sabes como saltar eses pequenos e grandes obstáculos que a vida che pon sempre saindo a diante e cunha enorme sorisa. Unha soa palabra: brillante.
ResponderEliminarGracias, simplemente gracias.
Eliminar