martes, 4 de marzo de 2014

Aquelas catro paredes cheas de recordos baleiros coma a botella de whisky que a consumía lentamente era o seu único refuxio, horas de silencio, horas na soidade que precisaba e tanto detestaba o mesmo tempo. Así, consigo mesma calaba as súas vergoñas, mataba as súas inseguridades ou iso pensaba ela. A única que precisou sempre a que agora non coñece, forza agochada nunha máscara demacrada polo insomnio, polas penas, pola vida.
Un cigarro, precisa sentir a nicotina corréndolle polas veas, sentirse libre coma se os problemas se foran co fume, libre entre aquelas catro paredes que se pechan cada vez máis.
Auga negra, a maquillaxe xa non o soporta máis.
Un último suspiro antes de apagar a luz e pechar os ollos, unha última calada, un último pensamento absurdo... mañá será outro día...


                                                                                                    Tania Mourelle.

No hay comentarios:

Publicar un comentario