jueves, 13 de marzo de 2014

Era a forma na que a miraba, na que a miraba con eses ollos enigmáticos que desvestían o seu pensamento. Canto máis a miraba, máis desexaba ela sentir a calor das súas mans, e así a esperaba coma un ser sen forma a espera de ser moldeado.
 E erao, e sabíao.
 Precisaba del, precisaba oír o seu nome nos seus beizos ata arrincarlle a última letra deles.
Gustáballe, desexabao e sabíao.
Gustáballe pousarse o seu carón e sentir a música do seu arrecendo.
Afundir os seus finiños dedos no seu cabelo e perdelos, perdelos e quedar así para sempre.
Era a forma na que se sentía viva, o latexar dun corazón desbocado como banda sonora dunha cortametraxe.
Era a súa droga, precisaba del.. E sabíao.

                                                                                                      Tania Mourelle

No hay comentarios:

Publicar un comentario