Xa non importa canto te busque
porque só atoparei valeiro.
Mais nunca tanto o corazón encheu
un espazo sen ninguén.
O poder do recordo será dende agora
un corazón latexando.
E os teus latexos voaran libres
de mente en mente.
Porque agora es iso, agora es libre.
Ou quizais.. vives pechado en cada un de nós?
O comezo está alí onde todo remata.
Tania Mourelle
Porque todo oque queres eque recordas vive aí donde ti o desexes.
ResponderEliminarPorque non hai mais formusura que algo que xa non está, viva dentro de nós.
Porque se ti non o recordas, a súa axistencia desaparecerá.
Porque simplemente o queres aínda que non este presente.
ENCÁNTAME monaa, tes moito talento e encántame que o reflexes nos teus poemas son maravillosos, pasareime máis ;) PD: perdón polas faltas son un desastre. jaja
jajajaja moitas grazas Meri canta razón tes, e un pracer que che gusten os poemas :)
ResponderEliminarÉ fermoso ver como a poesía reforza as relacións humanas e de compañeirismo. A poesía de Tania non ía ser menos!!!
ResponderEliminar