martes, 8 de enero de 2013

9

O comezo está alí onde todo remata.

Xa non importa canto te busque 
porque só atoparei valeiro.

Mais nunca tanto o corazón encheu 
un espazo sen ninguén.

O poder do recordo será dende agora 
un corazón latexando.

E os teus latexos voaran libres 
de mente en mente. 

Porque agora es iso, agora es libre. 

Ou quizais.. vives pechado en cada un de nós?

O comezo está alí onde todo remata.

                                                             Tania Mourelle

3 comentarios:

  1. Porque todo oque queres eque recordas vive aí donde ti o desexes.
    Porque non hai mais formusura que algo que xa non está, viva dentro de nós.
    Porque se ti non o recordas, a súa axistencia desaparecerá.
    Porque simplemente o queres aínda que non este presente.

    ENCÁNTAME monaa, tes moito talento e encántame que o reflexes nos teus poemas son maravillosos, pasareime máis ;) PD: perdón polas faltas son un desastre. jaja

    ResponderEliminar
  2. jajajaja moitas grazas Meri canta razón tes, e un pracer que che gusten os poemas :)

    ResponderEliminar
  3. É fermoso ver como a poesía reforza as relacións humanas e de compañeirismo. A poesía de Tania non ía ser menos!!!

    ResponderEliminar