miércoles, 29 de abril de 2015

Esperto coa alma en branco, cunha esencia dudosa.

Esperto co medo no corpo de que a luz non se prema.

Esperto con olor a vágoas doces, con dor no corazón.

Afundo en tristeza, na rixidez da soidade e os soños pesan coma anos.

Vivo entre as páxinas, en cada mente curiosa que me observa

e descubro unha extraña que pasea da man da loucura.

Da loucura que me leva a vivir asi

porque de primeiro prato  agardame a sentencia da resignación

de vivir a vida que narra o meu papel pero coa alma en branco.


                                                               Tania Mourelle


No hay comentarios:

Publicar un comentario