domingo, 10 de junio de 2012

Sen dúbida un bo libro de poesía a recomendar sempre será Makinaria de Carlos Negro, un libro que os alumnos de 4º da ESO acollemos con moito gusto nesta terceira e úlima avaliación.
A nosa opinión sobre o mesmo é a mesma, un libro diferente que nos achega a unha realidade moi próxima, é un libro moi duro e tamén con unha estructura diferente onde os protagonistas non son as persoas con experiencia senon o polo oposto, os adolescentes sen ningunha experiencia, que se deixan levar pola vida.



Aquí vos deixo un poema publicado neste libro para que vos fagades unha idea da súa temática agardo que vos guste, asegúrovos que é unha lectura rápida con un poemario que vos vai emocionar pola súa sinceridade e dureza.


Thunder Road

Deixa

que os motores

ruxan salvaxes

imos xuntos

queimar

a madrugada

esnifar

unhas cantas raias

da estrada

a tope

cos malotes de sempre

a arrasar

nena

a arrasar

que o día de maña

din que nunca existiu

e ti tes uns ollos azuis

e flipantes

e eu un burato de medo

no medio da chapa do peito

que se cadra ti

esta noite

es quen de encher

agora

corpo a corpo

antes de que oxiden

as horas e a vida

sexa

fume de tubo de escape

unha derrapaxe

en falso

na seguinte curva.

2 comentarios: