Loita cando o mundo berre non!
cando a oscuridade se apodere da luz,
e soamente uns poucos vexan o camiño.
Loita polo sorriso
de aqueles que che agrandan o corazón,
e polos que non coñecen o amor.
Loita cando xa non poidas máis!
cando o pó empece a cubrir os recordos.
Loita polo teu porque ninguén, NINGUÉN
ten dereito a arrebatarche o destino.
Loita porque nunca, NUNCA
te pisen porque non te ven.
Loita para non ter que loitar.
A vida é unha loita, si, mais o afán de superación é o que nos move e fai avanzar para sermos cada día mellores. Parabéns, Tania!
ResponderEliminarMoitas grazas Mercedes, efectivamente a superación fainos avanzar.
ResponderEliminarTaniaa...eres moi Grande,sigue asi :)
ResponderEliminar