miércoles, 9 de mayo de 2012


Loita cando o mundo berre non!
cando a oscuridade se apodere da luz,
e soamente uns poucos vexan o camiño.

Loita polo sorriso
de aqueles que che agrandan o corazón,
e polos que non coñecen o amor.

Loita cando xa non poidas máis!
cando o pó empece a cubrir os recordos.

Loita polo teu porque ninguén, NINGUÉN
ten dereito a arrebatarche o destino.

Loita porque nunca, NUNCA
te pisen porque non te ven.

Loita para non ter que loitar.

3 comentarios:

  1. A vida é unha loita, si, mais o afán de superación é o que nos move e fai avanzar para sermos cada día mellores. Parabéns, Tania!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Mercedes, efectivamente a superación fainos avanzar.

    ResponderEliminar
  3. Taniaa...eres moi Grande,sigue asi :)

    ResponderEliminar