martes, 3 de julio de 2012

E seguimos descubrindo o talento de aqueles que din en silencio, desta vez da man dun rapaz que xa ten outros poemas publicados neste Blog mais para min ningún coma este, que opinades vos?

Nun sofá aparcado,
entre os dedos un cigarro,
intentando fumar un mal trago,
un corazón que se vai apagando..

Uns pais que o abandonaron,
obrigándoo a ser un home antes de tempo,
nunca se deu por vencido e acabou por derrotado.
como un exército sen armamento nin sarxento.

Crises de ansiedade,
cabezazos cntra paredes,
golpes de verdades,
lapotes de verdades.

Casado co desprezo,
amante dunha senhora,
un amor que sí ten precio:
50 € por hora.

Segundo canuto da noite,
borracho coma un cadelo,
collámolo coche,
tranquilo,nn sera moi longo o traxecto.

Mentiras,verdades,
que máis lle dara,
para el todo lle vale

Mentiras,alcohol,soidade,
ese e o resumo da súa vida
unha corda suxeitand un cadavere,
un corpo inerte colgando dunha viga..


                                      Álvaro Antelo.

3 comentarios:

  1. Este Álvaro vai dar moito que falar... De feito, xa o dá agora...

    ResponderEliminar
  2. Sen verbas...
    Penso igual ca ti Tania.
    Sara.

    ResponderEliminar
  3. Gracias Gracias! intentarei segir asii :)
    Álvaro.

    ResponderEliminar