martes, 3 de julio de 2012
13710
Procuro terte cerca
porque non sei se estás lonxe.
Non, non sei se estás lonxe
ou se remata todo nestas catro paredes.
Respeto a túa decisión
e carrexo o lombo
a cara dunha nai desfeita.
E a tua pel branca
marca o punto final
Punto que debera de ser aparte
se viramos a tempo
a lección que agora aprendemos:
O destino xoga con nos
e nos pensamos que
podemos xogar co destino.
Tania Mourelle
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Joder Tania.. cada día escribes mellor, nn sei se é por que che sal de dentro, ou por momentos che ven a inspiración, pero porfavor, nn desaproveites ese don!
ResponderEliminarSara.
Carai, que bonito Sara moitas grazas descoida que non o farei :)
ResponderEliminarespero que che chege esto!
ResponderEliminarmirando a vida pasar
vaise cada vez mais lonxe
borrase dos meus recordos.
cando baixe cara o inferno
serei provocado por ela
pero xa non poderei volver,
o demo non me deixará.
escaparei deses pantanos
que albergan auga de lume,
e cando chege ao ceo
preguntareille a san pedro
polo anxo qe marchou da miña vida
sen darme un terceiro bico de despedida.